En Pontedetapas 2016 participaron 52 establecementos da cidade, dos que 32 competiron en tapas tradicionais, 25 en tapas creativas e 13 na categoría de cóctel.

Casa Román (coa tapa tradicional “Empanada de choco”), Tapería Loaira (coa tapa creativa “Sopa de mar con vermú”) e Icewolf (co cóctel ““O fogar dos peixes”) foron os tres gañadores dos premios do xurado. Con eles estiveron tamén os segundos clasificados:El Cafetín de la Alameda coa tapa creativa “Jack o lagostino. Imos por partes”, La Casa de las 5 Puertas coa tapa tradicional “Anaco de vaca” e Café Central co cóctel “Cóctel fusión”. A “Tapa Pontevedra”, a que escolleu o público mediante as súas votacións, foi para El Cafetín de la Alameda 6.731 puntos. O público deixou en segundo e terceiro lugar a Creperie Cre-Cottê coa tapa tradicional “Xarrete de tenreira Delicias do Bosque” (con 3.744 puntos) e Pontetapas coa tapa tradiconal “Tiras de entrecosto con escamas de sal negro e timbal de pataca con labras de foie” (con 3.731 puntos). A Tapa Pontevedra foi o bocado que competirá por Pontevedra no certame “De tapas por Galicia” que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete capitales galegas.

Finalmente, de entre os 23.422 cupóns de votación válidos entregados polo público que participou dunha maniera activa no certame Pontedetapas escolleuse un por extracción ao azar dotado cun premio de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local. Tamén sorteouse outro premio de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local entre os 370 usuarios da app que emitiron 1.308 votos. As persoas agraciadas foron María Isabel García Campos e María José García Alonso.

Entregáronse tamén as ceas para dúas persoas valoradas en 60 euros a escoller entre todos os establecementos do concurso aos dez pasaportes entregados na Casa da Luz con maior número de selos, catro deles completos.

Nos dezaoito días do concurso- con tres fins de semana completas- vendéronse 34.014 tapas e cócteles, un reconto feito a partir dos datos proporcionados polos establecementos.

O xurado de Pontetapas estivo composto por Marta Fernández Vázquez, directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia; Pablo Romero Huelin, chef da Viñoteca Bagos e membro do Grupo Nove; Elena Vitoria e Marga Pazos, da Consultoría Gastronómica y Turística Carta Blanca, especialista en tendencias gastronómicas así como no asesoramento e formación de negocios para hostelería e restauración; e Rubén Paz Romero, coctelero profesional e xerente da empresa de eventos El Mono con Sombrero.