Comeza Pontedetapas 2016, o certame gastronómico que impulsa a concellaría de Promoción Económica de Pontevedra,  e vén cargada de novidades (*):

DATAS

(*) O cambio máis importante é que ampliamos as datas de celebración! Pontedetapas 2016 terá lugar do xoves 3 ao domingo 20 de novembro, tres fines de semana completas, desde a hora de apertura do establecemento, ata as 14.30 horas (pola mañá) e ata as 22.30 horas (pola noite). Serán, pois, 18 días nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocados.

PARTICIPACIÓN

O certame está aberto a todos os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Pontevedra que queiran participar. (*) A cota de inscrición mantense en 50 euros por local e será este diñeiro recadado o que sufragará os premios.

PREZO

Os prezos serán de 2 euros por tapa e de 3 euros por cóctel (IVE engadido). As bebidas non están incluídas.

MODALIDADES

Cada establecemento pode presentar unha creación a tres modalidades, pero mantendo a obrigatoriedade da utilización de produtos e materias primas de calidade da gastronomía galega:

Tapa tradicional: as creacións inspiradas nas receitas máis arraigadas e significativas da nosa gastronomía
Tapa creativa: as propostas nas que prima a orixinalidade, innovación de sabores, presentación, novas técnicas empregadas…
Cóctel

PREMIOS E SORTEOS

Un xurado profesional elixirá os establecementos gañadores que recibirán como premio un diploma, un distintivo acreditativo e unha exclusiva masterclass cun chef de renome.

(*) De entre todas as tapas presentadas, o público escollerá a Tapa Pontevedra, aquela que mellor represente a esencia da nosa cidade. Esta Tapa Pontevedra será a que compita na terceira edición de “De tapas por Galicia”, o certame promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco da Comunidade entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.

(*) Dúas persoas do público que participen co seu voto poderán gañar un fantástico premio 500 euros.

[Consulta toda a información na páxina sobre os Premios]

 

PASAPORTE PONTEDETAPAS

Aquelas persoas que consuman en todos os locais participantes teñen asegurado un premio directo: unha cea para dúas persoas valorada en 60,00 euros.

[Consulta toda a información na páxina sobre os Premios]

 

EXPOSICIÓN

Como cos ollos tamén se come, uns días antes ao comezo de Pontedetapas montarase na cristaleira da Casa da Luz unha pequena exposición fotográfica de todas as elaboracións gastronómicas creadas para esta ocasión. Quen poderá resistirse?