PREMIO PARA O PÚBLICO

Axúdanos a elixir a mellor Tapa Pontevedra e entra no sorteo de dous premios de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local. É moi sinxelo: enche o cupón de votación valorando de 0 a 5 puntos a tapa ou cóctel que probaches, así como o trato, servizo, instalacións do establecemento (ollo que só se pode votar a tapa ou cóctel alí degustado), a razón dun único voto por consumición. Deposita a papeleta na urna específica de Pontedetapas e xa está!

Se non atopas os cupóns de votación, pregúntalle ao camareiro para que chos facilite. Lembra encher a papeleta de forma clara cos datos que se solicitan para que se considere válido. O sorteo realizarase nun evento final na Casa da Luz ao finalizar o concurso, por extracción ao azar dun cupón de entre a totalidade dos recibidos.

O segundo premio outorgarase entre todos os clientes que voten a través da app Pontedetapas.

O premio do público TAPA PONTEVEDRA valora a proposta que máis represente a esencia da nosa cidade na combinación do sabor cos ingredientes empregados, na presentación, na orixinalidade etc.

 

PASAPORTE PONTEDETAPAS

Visita todos os establecementos participantes e gana! Consegue o teu pasaporte Pontedetapas gratuitamente na Casa da Luz ou en calquera dos establecementos adheridos ao concurso e non esquezas pedir que cho selen cando degustes a tapa ou cóctel.

As dez primeiras persoas que presenten o pasaporte cos selos de todos os locais terán dereito a un regalo seguro, consistente nunha cea para dúas persoas valorada en 60 euros a escoller en calquera dos establecementos participantes.

Entrega o teu pasaporte cuberto na Casa da Luz antes do 30 de novembro de 2018.

 

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES

Entre todas as tapas e cócteles presentados un xurado profesional escollerá a mellor Tapa Tradicional, a mellor Tapa Creativa e o mellor Cóctel en función de múltiples criterios como a elaboración, presentación, sabor, aroma, concepto, relación calidade-prezo, emprego de produtos galegos, trato do persoal, rapidez…

A decisión do xurado coñecerase nun evento final na Casa da Luz unha vez finalizado o concurso e será inapelable. Os gañadores obterán como premio, ademais dun diploma e distintivo acreditativo que se entregará neste acto, presentar a súa creación no escenario principal da feira Etiqueta Negra 2019.

O gañador da TAPA PONTEVEDRA será o que compita no certame “De tapas por Galicia”, promovido por Turismo de Galicia para escoller o mellor petisco entre os gañadores dos concursos de tapas das sete grandes cidades galegas.

 

PREMIO Á MELLOR MARIDAXE MAHOU

A cervexera Mahou patrocina este premio que consiste en maridar a tapa do establecemento participante con calquera das referencias do catálogo Mahou.

O premio para o hostaleiro consistirá na realización dun showcooking no Mercado de Sabores Mahou ou nun evento gastronómico de revelancia.