Confidencialidade e protección de datos

Para os efectos do previsto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Concellaría de Promoción do Concello de Pontevedra infórmalle ao/á usuario/a da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e baixo a súa responsabilidade, coa finalidade de realizar o mantemento e xestión da relación co/coa usuario/a, así como o labor de información. No momento da aceptación destas condicións xerais, o Concello de Pontevedra precisará do/a usuario/a a recollida duns datos imprescindibles para a prestación dos seus servizos.

Rexistro de ficheiros e formularios

Cubrir os formularios é obrigatorio para acceder e gozar de determinados servizos ofrecidos no web. Non facilitar os datos persoais solicitados ou non aceptar a política de protección de datos supón a imposibilidade de subscribirse, rexistrarse ou gozar de calquera dos servizos nos que se soliciten datos de carácter persoal.

De acordo co establecido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, informámoslle de que os datos persoais que se obteñan poderán ser incorporados nun ficheiro con titularidade da Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, co CIF P3603800H e domicilio na praza da Verdura, s/n, de Pontevedra; a este respecto están implementadas as medidas de seguridade establecidas no Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

Exactitude e veracidade dos datos facilitados

O/A usuario/a é o/a único/a responsable da veracidade e corrección dos datos incluídos, polo que se exonera o a Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra de calquera responsabilidade ao respecto. Os/As usuarios/as garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados e comprométense a mantelos debidamente actualizados. O/A usuario/a acepta proporcionar información completa e correcta nos formularios ou correos electrónicos que envíe. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra non responde da veracidade das informacións que non sexan de elaboración propia e das que indique outra fonte, polo que tampouco asume ningunha responsabilidade en canto a hipotéticos perxurios que puidesen orixinarse polo uso desta información. A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra Concello de Pontevedra resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida nas súas páxinas web, e pode incluso limitar ou non permitir o acceso a dita información. Exonérase á Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra de responsabilidade ante calquera dano ou prexuízo que puidese sufrir o/a usuario/a como consecuencia de erros, defectos ou omisións, na información facilitada sempre que proceda de fontes alleas ao Concello de Pontevedra.

Cookies

Este sitio web non utiliza cookies, considerando como tales os ficheiros físicos de información introducidos no propio terminal do/a usuario/a que serven para facilitar a navegación do usuario polo portal. De todas as formas, o/a usuario/a ten a posibilidade de configurar o navegador de tal modo que impida a instalación destes arquivos.

Finalidade

A finalidade deste tratamento da Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra é o mantemento e xestión da relación co/a usuario/a, así como o labor de información.

Cesión de datos a terceiros

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra non realizará cesión de datos dos/as usuarios/as a terceiras persoas.

Exercicio de dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición

Poderá dirixir as súas comunicacións e exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no Rexistro do Concello de Pontevedra, situado na praza de España, s/n, de Pontevedra. Para exercer ditos dereitos e en cumprimento da Instrución 1/1998, de 19 de xaneiro, da axencia de protección de datos, é necesario que vostede acredite a súa personalidade achegando unha fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro medio válido en Dereito.

Aceptación e consentimento

O/A usuario/a declara que foi informado/a das condicións sobre protección de datos persoais, aceptando e consentindo o tratamento automatizado dos mesmos por parte da Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra, na forma e para as finalidades indicadas na presente política de protección de datos persoais. Certos servizos prestados no sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais.