En Pontedetapas 2017 participaron 52 establecementos da cidade, dos que 35 competiron en tapas tradicionais, 23 en tapas creativas e 6 na categoría de cóctel.

Casa Román (coa tapa tradicional “Pescada á galega”), El Cafetín de la Alameda (coa tapa creativa “Vieira afumada carballoelaurel sobre arroz de algas”) e O’Bioco (co cóctel “Sopas de cabalo canso fúnxicas”) foron os tres gañadores dos premios do xurado. Con eles estiveron tamén os segundos clasificados: Loaira coa tapa creativa “Airbag de mexillón tigre”, O’Bioco coa tapa tradicional “Tosta do monte da Fracha” e Icewolf co cóctel en esferificacións “Perlas no Camiño”. A Tapa Pontevedra, premio do público, foi para “Vieira afumada carballoelaurel sobre arroz de algas” de El Cafetín de la Alameda. Acadou por votación 11.507 puntos. O público deixou en segundo e terceiro lugar ao Restaurante La Cámara coa tapa tradicional “Torradas céltigas” (con 5.106 puntos) e La Ultramar coa tapa creativa “Empanadillas crocantes de tenreira galega, tetilla fundente e tandori” (con 4.764 puntos). A Tapa Pontevedra foi o bocado que competiu por Pontevedra no certame “De tapas por Galicia” que promove Turismo de Galicia entre os gañadores dos concursos gastronómicos das sete capitales galegas.

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados, ANFACO, patrocinou esta edición por primeira vez o premio á Mellor Tapa con Conserva de Pescado e/ou Marisco, consistente nun trofeo e na realización dun showcooking no stand de ANFACO en Madrid Fusión. Loaira coa tapa “Airbag de mexillón tigre” foi o gañador.

pasaporte Pontedetapas 2016 e que foron convidadas para formar parte do xurado deste ano.

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas e Pescados, ANFACO, patrocinou esta edición por
Finalmente, de entre os 24.619 cupóns de votación válidos entregados polo público que participou dunha maneira activa no certame Pontedetapas escolleronse un por extracción ao azar dotado cun premio de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local. Tamén sorteouse outro premio de 500 euros en vales para gastar no comercio/mercado local entre os 675 usuarios da app que emitiron 2.009 votos. Os gañadores foron, respectivamente, Carmen Bonifasi Durán e Moncho González Varela.

Entregáronse tamén as ceas para dúas persoas valoradas en 60 euros a escoller entre todos os establecementos do concurso aos dezanove pasaportes entregados na Casa da Luz, todos eles completos.

O xurado de Pontetapas estivo composto, ademais do CIPF Carlos Oroza, polo bloguero gastronómico Alberto Ribas (Máis Grelos), Kike García Cerviño, da revista gastronómica La Alacena Roja, Marta Aymerich e Román Pereiro de ANFACO, e máis Alberto Cidrás Alfonso e Lorenzo Tilve Álvaro, dúas das catro persoas que completaron o pasaporte Pontedetapas 2016 e que foron convidadas para formar parte do xurado deste ano.