Un total de 55 establecementos participarán desde este venres 2 ata o domingo 18 de novembro na undécima edición de Pontedetapas, un evento referente da gastronomía local e un activo reclamo do turismo de proximidade.

Este ano competirán no certame 34 tapas tradicionais, 25 tapas creativas e 14 cócteles. Serán en total dezasete días (con tres fins de semana completas) nos que degustar o mellor da nosa gastronomía local en pequenos bocado.